Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Sistemas eléctricos de potencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Asistencia ás prácticas e presentación das memorias da resolución das actividades expostas.
Para superar esta parte é necesario asistir ao 75% das horas asignadas. En caso contrario realizarase unha proba.
30 B3
C24
D2
D6
D10
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame que consistirá na resolución de casos prácticos e desenvolvemento de cuestións teóricas relacionadas coa docencia teórica e práctica.
Deberase alcanzar unha nota superior ao 30% da cualificación máxima da proba para aprobar a materia.
40 B3
C24
D1
D2
D10
D16
Estudo de casos Presentación dos casos prácticos expostos polo profesorado. 30 B3
C24
D1
D2
D6
D10
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000