Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Instalacións eléctricas II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos contidos técnicos da materia, criterios de deseño e métodos de cálculo e selección.
Resolución de problemas Análise de casos prácticos de aplicación dos conceptos introducidos nas leccións maxistrais, que o alumnado deberá resolver de forma autónoma e individual. O profesor resolverá de seguido os casos expostos.
Prácticas en aulas informáticas Desenvolveranse sobre unha instalación industrial complexa, que o alumnado, organizado en grupos ate tres participantes, deberá deseñar e calcular seguindo as esixencias da normativa sectorial aplicable. Os obxectivos específicos a acadar en cada unha das sesións prácticas estarán coordinados co desenvolvemento dos contidos nas leccións maxistrais.
Empregarase soporte informático para os cálculos, descrición da solución e para a selección da aparamenta e os materiais principais da instalación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000