Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Resistencia de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio
A asistencia e participación activa en tódalas prácticas realizadas, así como a entrega de toda a documentación solicitada das mesmas, puntuarase co valor indicado, sempre e cando se acade unha nota mínima de 4'5 puntos sobre 10, entre o exame e os boletíns de problemas.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
(Boletíns de problemas)
Ó longo do curso presentaranse na plataforma FAITIC/TEMA unha serie de boletíns de enunciados de problemas a resolver individualmente de forma autónoma por cada alumno. Na referida plataforma indicarase a data tope de entrega dos boletíns e o resto da normativa sobre elaboración e entrega dos mesmos. Os boletíns deberán ser entregados ó seu profesor en tempo e forma para que sean contabilizados a efectos de puntuación.
Calquera defecto de forma (fora de prazo, ausencia de nome, ...) invalidará o boletín para a sua calificación.
A entrega en tempo e forma da totalidade dos boletíns puntuarase co valor indicado, sempre e cando se acade unha nota mínima no exame de 4'0 puntos sobre 10.
5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito nas datas establecidas polo centro 90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Alumnos que renuncien oficialmente á evaluación continua
  • Neste caso, a nota obtida no exame representará o 100% da cualificación.

Prácticas de laboratorio
  • A parte presencial correspondente a cada práctica se realiza nunha data concreta, polo que non é posible recuperar as faltas de asistencia.
  • Excusaranse puntualmente aquelas prácticas non realizadas nas que o alumno presente un xustificante oficial (médico, xuzgado,...) debido a razóns inevitables de forza maior. 
Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma (boletíns de problemas)
  • Os formatos de pesentación e a portada cos datos a incluir en cada entrega estarán disponibles na plataforma FAITIC/TEMA.
  • Cada exercicio comezará páxina.
  • Cada boletín será entregado coa portada normalizada con tódolos datos cubertos (número de boletín, nome do alumno, profesor de prácticas, grupo de prácticas).
  • Non se permitirá a entrega de boletíns fora de prazo.
  • Só se permitirá o grapado de follas para a copia en papel dos boletíns.


Profesor responsable de grupo:


José Carlos
Caamaño Martínez


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000