Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Fundamentos de electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Autoavaliación Avaliación continua:

Consistirá na realización individual de 4 probas relativas a bloques temáticos. Tres de ditas probas realizaránse por medios telemáticos en horas presenciais ao longo do cuadrimestre e a súa corrección será automática e inmediata. O último bloque de electrónica dixital, faráse ao finalizar o cuadrimestre, na data e na aula establecidas polo centro. As probas poderán consistir en preguntas tipo test, preguntas de resposta pechada e problemas de análise con resposta numérica.
Cada proba terá unha puntuación máxima de 10 puntos e a cualificación final desta avaliación será a media das catro probas. Para poder facer dita media é necesario obter, alomenos, unha nota mínima de 2 puntos sobre 10.

70 B3
C11
D2
D10
Informe de prácticas As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Unha asistencia mínima do 80%
- Puntualidade.
- Preparación previa das prácticas
- Aproveitamento da sesión
As sesións prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación.
Os alumnos encherán un conxunto de follas de resultados, que entregarán á finalización da mesma ou no prazo previsto polo profesorado. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento.
A nota final de prácticas será a media das notas obtidas en cada práctica; excepto se a asistencia é inferior ao 80%, en cuxo caso, a nota final será de 0 puntos.

30 B3
C11
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas para a mellora e a recuperación: 

No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira convocatoria,
dispón dunha segunda convocatoria no presente curso académico. A cualificación
final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de
sumar as seguintes notas:

1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na primeira
convocatoria, cun peso do 30% da cualificación final.

2.- A nota obtida na avaliación dun exame final realizado nesta convocatoria
que englobará contidos de toda a materia. O peso desta nota é do 70% da
cualificación final.

Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha
puntuación final igual ou superior a 5 puntos.

Unha vez rematado o presente curso académico as notas obtidas no exame
final perden a súa validez. A nota obtida na avaliación de prácticas manterase
durante dous cursos académicos agás que o alumno desexe facelas novamente.

Avaliación estudantes con renuncia a avaliación
continua.





Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia
á avaliación continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola
dirección do centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña
en función da disponibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de
10 puntos cada un. A nota final será a media
de ambas as dúas e para superar a materia o estudante terá que obter, polo
menos, unha nota media igual ou superior a 5 puntos

Compromiso ético.



Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000