Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Fundamentos de electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de autoavaliación Avaliación de bloques temáticos:

Consistirá na realización individual de probas relativas a un bloque temático, que se realizarán por medios telemáticos e que a súa corrección será automática e inmediata. O prazo de realización e o número de intentos serán limitados. As probas consistirán en preguntas tipo test, preguntas de resposta pechada e problemas de análises con resposta numérica.
Por outra banda, a nota de ditas avaliacións engadiránse a nota da proba individualizada, na súa parte proporcional, sempre e canto obtéñase una nota igual ou superior a 5. Se a nota é inferior a 5, os estudantes poderán, na convocatoria de maio, repetir estas avaliacións no tempo destinado a proba individualizada.
20 B3
C11
D2
D10
Informes/memorias de prácticas As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Unha asistencia mínima do 80%
- Puntualidade.
- Preparación previa das prácticas
- Aproveitamento da sesión
As sesións prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación.
Os alumnos encherán un conxunto de follas de resultados, que entregarán á finalización da mesma. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento.
20 B3
C11
D10
D17
Outras Proba individualizada:

Consistirá nunha proba escrita de carácter individual e presencial que se realizará ao finalizar o cuadrimestre, nos horarios establecidos pola dirección do centro.
A proba poderá consistir nunha combinación dos seguintes tipos de exercicios:
- Cuestións tipo test
- Cuestións de resposta corta
- Resolución de casos prácticos

Esta proba basearase nos contidos que non poideron ser avaliados nos bloques temáticos. Ademais, haberá a posibilidade de repetir as avaliacións de bloques temáticos se o estudante o considera oportuno.
60 B3
C11
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas para a mellora e a recuperación:

No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira convocatoria, dispón dunha segunda convocatoria no presente curso académico. A cualificación final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de sumar as seguintes notas:

1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na primeira convocatoria, cun peso do 20% da cualificación final.

2.- A nota obtida nas probas de avaliación dos bloques temáticos na primeira convocatoria. O peso desta nota é dun 20% da cualificación final.

3.- A nota obtida na avaliación do exame final realizado nesta convocatória
que englobará contidos de toda a materia. O peso desta nota é do 60% da
cualificación final.

Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha puntuación final igual ou superior a 5 puntos.

Unha vez rematado o
presente curso académico as notas obtidas no exame final perden a súa validez. A
nota obtida nas probas de avaliación dos bloques temáticos e na avaliación de
prácticas manterase agás que o alumno desexe facelas novamente.

Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua.

Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia á avaliación
continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola dirección do
centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña en función
da disponibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de 10 puntos
cada un. A nota final será a media de ambas as dúas e para
superar a materia o estudante terá que obter, polo menos, unha nota media
igual ou superior a 5 puntos.

Compromiso ético.



Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000