A calificación da avaliación continua (que denominaremos EC) terá un peso do 30% da calificación final e incluirá tanto os contidos das prácticas de laboratorio (peso do 20%, que denominaremos calificación ECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos calificación ECA). A calificación ECA obterase mediante probas sobre contidos de aula. La calificación ECL obterase como a suma da calificación dos informes/memorias de prácticas e de probas sobre contidos de laboratorio. Para obter una calificación ECL será necesaria a asistencia, a lo menos, de 10 das 12 sesión de laboratorio programadas. Aqueles alumnos que non podan seguir a avaliación continua terán a posibilidade de realizar unha proba final escrita para obter unha calificación REC que terá un peso do 30% da calificación final e incluirá tanto os contidos das prácticas de laboratorio (peso do 20%, que denominaremos calificación RECL) como de aula (peso do 10%, que denominaremos calificación RECA). O 70% restante da calificación final obterase mediante a realización dun exame final que constará de dúas partes: unha parte teórica (que denominaremos T) que terá un peso do 30% da calificación final, e outra parte de resolución de problemas (que denominaremos P) que terá un peso do 40% da calificación final. A parte teórica constará dunha proba eliminatoria tipo test (que denominaremos TT) sobre conceptos teóricos fundamentais, que terá un peso do 10% da calificación final e onde se esixirá unha calificación mínima do 50%, e outra proba de cuestións teórico-prácticas de resposta longa (que denominaremos TC), que terá un peso do 20% da calificación final. Tanto os exames da convocatoria fin de carreira como os que se realicen en datas e/ou horarios distintos aos fixados oficialmente polo centro poderán ter un formato de exame distinto ao detallado anteriormente, aínda que as partes do exame conserven o mesmo valor na calificación final. Calificación final G da asignatura para a modalidade de avaliación continua: G = ECL +ECA + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT. Calificación final G da asignatura para la modalidade de avaliación ao final do cuatrimestre e xullo: G = RECL + RECA + TT + TC + P, onde TC e P súmanse só se se supera TT. Profesores responsables de grupos: Grupo A: Mohamed Boutinguiza Larosi Grupo B: María Cristina Trillo Yáñez Grupo C: Mohamed Boutinguiza Larosi Grupo D: María Cristina Trillo Yáñez Grupo G: Jesús Blanco García Grupo H: Jesús Blanco García Grupo I: Fernando Ribas Pérez Grupo J: Fernando Ribas Pérez Grupo K: Fernando Lusquiños Rodríguez Grupo L: Fernando Lusquiños Rodríguez
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non
superación da materia no presente curso académico e a calificación
global será de suspenso (0.0). |