Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría de Organización
 Materias
  Dirección Estratéxica
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B1 Coñecementos e capacidades para organizar e dirixir empresas.
B2 Coñecementos e capacidades de estratexia e planificación aplicadas a distintas estruturas organizativas.
B5 Coñecementos de sistemas de información para a dirección, organización industrial, sistemas produtivos e loxística e sistemas de xestión de calidade.
D2 Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000