Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría de Organización
 Materias
  Deseño e Dirección de Sistemas Produtivos e Loxísticos
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B1 Coñecementos e capacidades para organizar e dirixir empresas.
B2 Coñecementos e capacidades de estratexia e planificación aplicadas a distintas estruturas organizativas.
B5 Coñecementos de sistemas de información para a dirección, organización industrial, sistemas produtivos e loxística e sistemas de xestión de calidade.
C7 Realizar a planificación estratéxica e aplicala a sistemas tanto construtivos como de produción, de calidade e de xestión ambiental.
C8 Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos.
C10 Coñecementos e capacidades para realizar verificación e control de instalacións, procesos e produtos.
C11 Dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
D1 Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
D2 Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000