Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións
 Materias
  Instalacións de Telecomunicacións
   Competencias
Código Descrición
A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B1 Capacidade para a redacción, dirección e desenvolvemento de proxectos no ámbito da construción
B2 Coñecemento en materias tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
B3 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
B4 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, peritacións, estudos, informes e outros traballos análogos
B5 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento
C1 Coñecemento e manexo da normativa xeral e específica de aplicación ao sector da construción
C2 Dominio dos métodos de elaboración de informes e outros documentos técnicos específicos
C4 Implantación e aplicación das políticas de seguridade e prevención de riscos no sector da construción
C5 Coñecemento e aplicación das técnicas e aspectos legais para o deseño de construcións
C6 Capacidade para planificar as necesidades e servizos demandados polas edificacións
D1 Desenvolvemento de competencias intelectuais, organizativas e comunicativas axeitadas ao traballo académico e profesional
D3 Investigación independente.
D4 Aprendizaxe autónoma e auto dirixida
D5 Técnicas de traballo avanzado en grupo.
D6 Uso de tecnoloxías.
D11 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica para comunicarse con persoas non expertas
D12 Traballo interdisciplinario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000