Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións
 Materias
  Estruturas de Formigón Armado
   Competencias
Código Descrición
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B1 Capacidade para a redacción, dirección e desenvolvemento de proxectos no ámbito da construción
B2 Coñecemento en materias tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
B4 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, peritacións, estudos, informes e outros traballos análogos
B5 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento
C1 Coñecemento e manexo da normativa xeral e específica de aplicación ao sector da construción
C5 Coñecemento e aplicación das técnicas e aspectos legais para o deseño de construcións
D1 Desenvolvemento de competencias intelectuais, organizativas e comunicativas axeitadas ao traballo académico e profesional
D4 Aprendizaxe autónoma e auto dirixida
D6 Uso de tecnoloxías.
D10 Capacidade de análise e síntese. Organización e planificación. Xestión da información
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000