Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións
 Materias
  Estruturas de Fábrica e de Madeira
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Control dos contidos teóricos expostos no programa,
mediante preguntas que se deben responder sintéticamente.
0 B2
C1
C3
C5
D9
Resolución de problemas Exercicios de comprobación e dimensionado de diferentes
elementos estruturais de fábrica
0 A5
B2
B5
C1
D4
D9
Exame de preguntas obxectivas Proba de tipo test correspondente á parte da materia de Estruturas de madeira. 50 B2
B5
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións sobre estruturas de fábrica:
A materia estrutúrase en parte teórica e parte práctica, esta cun trato máis personalizado. Nas clases teóricas
resulta preponderante o labor expositivo do profesor. Este labor complétase coa exposición de casos prácticos
relacionados cos temas teóricos expostos e co desenvolvemento práctico do dimensionado e comprobación de elementos
estruturais de fábrica.
Para o eficaz aproveitamento da materia resulta imprescindible o seguimento continuado desta, estimándose que
isto cúmprese cunha asistencia igual ou superior ao 80%. A avaliación dos alumnos complementarase coa
valoración dos ítemes que se detallan seguidamente, unha vez cuberta a nota mínima nas probas escritas anteriores.
Esquemas, Sesión Maxistral e Solución de Problemas: valorarase a asistencia do alumno.
Estudo de Casos: valorarase a intervención dos alumnos na discusión destes.
Traballos Tutelados: valorarase o labor realizado.
Para superar a materia será necesario aprobar ambas as dúas partes da materia (E. de fábrica e E. de Madeira) podendo
compensar unha parte no caso de acadar nela unha nota igual ou superior a 4. En caso de non superar unha das partes no exame
ordinario será posible presentarse ao exame extraordinario unicamente coa parte non aprobada.
A cualificación final obterase ponderando cada unha das partes en función da súa carga lectiva.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000