Outros |
Esquemas
Ao comezo de cada clase realízase un esquema dos contidos que se van a desenvolver, a súa necesidade e o encaixe destes na titulación. Deste xeito evidénciase a lóxica do tema e pódense relacionar os contidos dentro do mapa de coñecementos da materia |
Resolución de problemas |
O profesor resolverá exercicios orientados cara á futura práctica profesional fomentando a participación do alumno na resolución parcial ou total dos mesmos. Insistirase en presentar o resultado de forma que resulta claramente visible, indicando o valor numérico coa precisión e unidades correspondentes. Explicaranse os erros máis comúns que adoitan cometerse,
valorándoos en función da súa gravidade, tanto de tipo conceptual como numéricos. |
Traballo tutelado |
Os alumnos -ben en grupo, ben individualmente dependendo do tema concreto- realizan un traballo que implique emprego das técnicas desenvolvidas nas clases teóricas, identificando na realidade práctica os contidos da exposición teórica. Empregaranse fotografías, esquemas,
planos e textos a man alzada. Son un compoñente complementario de face á cualificación final. |