Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións
 Materias
  Instalacións Eléctricas
   Contidos
Tema Subtema
Nocións Básicas de Instalacións Eléctricas Circuítos monofásicos e trifásicos. Nocións sobre potencia eléctrica. Exemplos de aplicación.
Previsión de cargas e receptores. Previsión da carga eléctrica en distintos tipos de situacións. Consideracións sobre receptores. Exemplos de aplicación.
Prevención de Riscos Eléctricos. Normativa de risco eléctrico. EPI.
Mercado Eléctrico. Análise da compra de enerxía eléctrica no mercado eléctrico para usuarios domésticos, comerciais e industriais. Exemplos de aplicación.
Luminotecnica e cálculo lumínico de instalacións de iluminación. Nocións de luminotecnia: conceptos luminotécnicos, tipos de sistemas de iluminación... Deseño e cálculo lumínico con apoio de ferramentas informáticas. Exemplos de aplicación.
Cálculos eléctricos. Cálculos de caídas de tensión, intensidades admisibles e intensidade de curtocircuíto. Exemplos de aplicación.
Cables, canalizacións e aparamenta de manobra e protección. Descrición dos sistemas de manobra e protección habituais nas instalacións eléctricas (fusible, interruptores automáticos,...). Tipos de cables segundo o seu tipo de illamento e condutor. Denominación de cables. Sistemas habituais de instalacións de canalización de cables.
Instalacións interiores en vivendas e locais clasificados. Descrición das instalacións interiores para vivendas. Consideracións particulares das instalacións interiores para locais clasificadores (pública concorrencia, locais húmidos,...). Exemplos de aplicación.
Instalacións industriais. Consideracións particulares para as instalacións eléctricas industriais. Exemplos de aplicación.
Instalacións de iluminación pública. Consideracións particulares para as instalacións eléctricas destinadas a iluminación pública. Exemplos de aplicación.
Instalacións de ligazón e medida de enerxía. Descrición e consideracións de cálculo das instalacións eléctricas de ligazón.
Instalacións de posta a terra. Tipos de métodos de posta a terra en instalacións de posta a terra e métodos de cálculo. Exemplos de aplicación.
Exemplos de instalacións. Exemplo de cálculo dunha instalación completa para un edifico de vivendas.
Redes de distribución e centros de transformación de distribución. Normativa, esquemas e cálculo de redes de distribución e centros de transformación de distribución. Exemplos de aplicación.
Proxectos de instalación. Tramitación de proxectos eléctricos, criterios xerais na redacción dun proxecto. Exemplos de aplicación.
Requisitos de Eficiencia Enerxética en instalacións eléctricas. Normativa relacionada coa eficiencia enerxética en instalacións eléctricas, metodoloxía de cálculo e exemplos de aplicación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000