Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño Avanzado de Procesos Químicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta con elección múltiple.

O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Se evaluarán os seguintes resultados de aprendizaxe: Diagramas de procesos industriales, optimización de variables, conceptos de separación por transferencia de materia, cinética e enxeñaría de reactores químicos.

40 C7
C10
D1
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Manexar ferramentas de simulación informática adecuadas para o desenvolvemento de exercicios propostos no ámbito da enxeñaría de procesos.

Desenvolver a capacidade para resolver problemas en contornos dixitais.

20 C1
C7
C15
D2
D5
Estudo de casos Traballo en equipo (grupo reducido)
O alumno debe desenvolver e defender un traballo proposto (desenvolvemento dun proceso industrial) e debe dar resposta, utilizando as ferramentas de simulación, ás incógnitas do proceso. Para iso hai que consultar diversas fontes: bibliografía, bases de datos, etc.

O alumno deberá aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na materia, especialmente co desenvolvemento de prácticas de simulación.
Avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe indicados para esta materia.

40 C1
C7
C15
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Prácticas da materia
prácticas da materia considéranse obrigatorias para poder aprobar a materia. De non realizarse as prácticas suspenderase a materia.


Avaliación

Primeira oportunidade:

O alumno/a debe alcanzar unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das partes da avaliación, é dicir, tanto en teoría “Exame de preguntas obxectivas” como na parte práctica: “Resolución de problemas” e “estudo de casos”. para ter opción de aprobar a materia. De superar a nota mínima en todas as partes da avaliación, dito/a alumno/a aprobará a materia si a CUALIFICACIÓN FINAL media é ≥ 5,0. O alumno/a que non haxa supera o mínimo nunha das partes recibirá a cualificación de suspenso coa nota numérica desa parte.


Segunda oportunidade:

No exame da segunda oportunidade manterase a cualificación daquelas partes da avaliación, da primeira oportunidade, que sexan superadas (≥ 5,0), polo que os alumnos só realizarán nesta convocatoria o exame daquelas partes non superadas. Para a CUALIFICACIÓN FINAL séguese a mesma filosofía que se describiu na primeira oportunidade.


Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento &*quot;non ético&*quot; (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global, no presente curso académico, será de SUSPENSO (0,0 puntos). 

Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, excepto autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 puntos).



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000