Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Fabricación Mecánica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Adecuaranse aos medios *telemáticos que se poñan a disposición do profesorado, ademais da documentación facilitada a través de FAITIC, correo electrónico e Campus Remoto.
Incluiranse, de se-lo caso, metodoloxías que substitúan ás previstas por outras de tipo non presencial como os traballos tutelados de forma autónoma.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As tiutorías poderán desenvolverse de forma presencial (sempre que sexa posible garantir as medidas sanitarias) ou telemáticas (correo electrónico, campus remoto ou foros de FAITIC) baixo a modalidade de concertación previa. Farase unha adecuación metodolóxica ao alumnado de risco, facilitándolle información específica adicional, de acreditarse que non pode ter acceso aos contidos impartidos de forma convencional.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Poderanse fornecer ao longo do curso para facilitar as tarefas de auto-aprendiizaxe


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Na medida do posible, manteranse as probas presenciais adecuándoas á normativa sanitaria vixente. As probas desenvolveranse de forma presencial salvo Resolución Reitoral que indique que se deben facer de forma non presencial, realizándose desta forma a través das distintas ferramentas postas a disposición do profesorado. Aquelas probas non realizables de forma telemática supliranse por outras (entregas de traballo autónomo guiado, etc.)
Os criterios de valoración da asistencia na avaliación das prácticas de Laboratorio e en aula informática serán substituidos por outros como entregas de traballo autónomo guiado ou forma de avaliación telemática da aprendizaxe ao realizar a práctica de xeito remoto.

...

* Probas que se manteñen
Prácticas en Laboratorio [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 5%]
Prácticas con apoio do TIC [10 %] [35%]
Exame de preguntas obxectivas [35%] [15%]
Resolución de problemas e/ou exercicios [45%] [25%]

* Valor das Probas que se inclúen en caso de continxencia
Traballo autónomo guiado [Peso proposto 20%]
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000