Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Métodos Cuantitativos e Ferramentas de Xestión
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas en que o alumno debe desenvolver contidos teóricos ou abordar a resolución de casos concretos 30 A2
C7
C26
Práctica de laboratorio Probas en que o alumno desenvolverá os traballos prácticos que se estipulen nas sesións de prácticas existentes 30 A2
C7
C26
Resolución de problemas e/ou exercicios Problemas que os alumnos desenvolverán en clase e entregarán ao final da mesma 40 A2
C7
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para
superar a materia por avaliación continua, o/a alumno/a deberá obter, como mínimo, unha cualificación de 4 sobre 10 en cada unha das probas.

Para superar a parte práctica, o/o alumno/a deberá asistir a todas as sesiones de prácticas e presentar as memorias
correspondentes. As memorias presentadas deberán reunir a calidade
suficiente a xuízo do profesor para poder superar as prácticas. En caso
de falta de asistencia a algunha das práticas, o/o alumno/a deberá presentar igualmente a memoria correspondente á mesma, e ademáis elaborar e aprobar un traballo compensatorio relacionado con ela,
que o profesor lle asignará no seu momento.

Por outra banda, o comportamento inadecuado durante o desenvolvemento dunha práctica penalizarase coma se fose unha falta.

O/a alumno/a que non alcance a cualificación de 4.0 en cualquera das probas deberá realizar o exame final completo, correspondiente á convocatoria oficial, tal como se indica a continuación.

Convocatorias oficiais

O/o alumno/a deberá superar o exame final da materia, cunha parte teórica e
outra práctica. Para que se poida realizar a ponderación final, débese
obter unha puntuación mínima de 4 en cada unha das partes. Se non é así,
non aprobará o exame e obterá unha nota máxima de 4.0 (que será o resultado no caso de que a ponderación supere devandito valor).

Aclaracións

Para
aprobar a materia, a cualificación correspondente a cada un dos
apartados indicados na metodoloxía deberá ser polo menos de 4
puntos. Se non é así, se a ponderación correspondente obtivese un
valor maior, a puntuación final será como máximo de "suspenso (4)".

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.

No caso de existir discrepancias entre versións en distintos idiomas desta guía docente, prevalecerá a guía en castelán.

Compromiso ético

O estudantado ha de presentar un comportamento ético adecuado, en especial
nas probas de avaliación. No caso de producirse un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc), durante a realización dalgunha das
probas de avaliación, aplicaráse o regulamento de disciplina académica en vigor.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000