Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Enxeñaría Fluidomecánica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de caracter presencial na que se avalía ól coñecemento global adquirido polo alumno. 40 A4
A5
C1
C9
C10
C16
D1
D3
D5
D11
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno deberá entregar no prazo que se fixará ao longo do curso as memorias ou informes ou exercicios propostos de prácticas.
Esta nota será tida en conta na avaliación continua da materia
30 A4
A5
C1
C9
C10
C16
D1
D3
D5
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de traballos propostos polo profesor presencialmente 30 A4
A5
C1
C9
C10
C16
D1
D3
D5
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia divídese nos seguintes apartados:

  • Exame de preguntas obxectivas: 40% do total da materia.
  • Prácticas con apoio das TIC (entregas de informes de prácticas e outras tarefas propostas polo profesorado): 30% do total da materia.
  • Resolución de problemas (resolución de problemas/preguntas desenvolvemento/ traballos sobre supostos propostos polo profesorado): 30% do total da materia.

Para superar a materia o alumnado deberá obter en cada un dos apartados de avaliaición polo menos unha puntuación do 40%.

Por defecto, a avaliación será na modalidade de Avaliaición Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliación todo aquel que o desexe e o solicíte no tempo e forma especificados pola Escola.

Para o alumnado que curse a materia na modalidade de Avaliación Continua e non aprobe a materia na convocatoria de Primeira Oportunidade (maio), para aprobar a materia na convocatoria de Segunda Oportunidade (xullo) os/as docentes da materia indicaranlle as entregas ou traballos que terá que realizar para poder ser avaliado/a nesa convocatoria.

O alumnado que renuncie á modalidade de Avaliación Continua será avaliado co 100% da puntuación da materia nunha única proba. Nese caso, o/o alumno/a deberá notificárllelo aos/ás docentes da materia coa antelación suficiente, os/as cales lle indicarán a metodoloxía para a avaliación.

Compromiso ético:

Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, emprego de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o/o alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000