Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Xestión da Calidade, a Seguridade e o Medio Ambiente
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización e presentación dun traballo práctico relacionado cos contidos da materia 15
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 10 A3
C4
C25
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test sobre os contidos da materia. 50 A3
C4
C25
Resolución de problemas Resolución de exercicios e/ou casos prácticos. 25 A3
C4
C25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación
continua

Para superar a materia por avaliación continua, o aluno/a
deberá superar as prácticas, un traballo práctico individual ou en grupo, e o
exame final.

Para superar as prácticas, o aluno/a deberá asistir, e
presentar as memorias correspondentes, a aquelas prácticas que sexan
consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias
presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesor para
poder superar as prácticas. No caso de falta de asistencia ás prácticas
obrigatorias, o aluno/a deberá presentar igualmente as memorias
correspondentes, e ademáis elaborar e aprobar un traballo compensatorio
relacionado con cada práctica á que no asistira, indicado polo profesor correspondente.

Ademáis, o aluno/a deberá elaborar de forma individual ou en grupo
(o número de persoas será indicado polo profesor), e expoñer ao final do curso,
un traballo práctico, que será plantexado polo profesor correspondente ao comenzo do curso. En caso de aprobar este traballo, a nota obtida suporá
un 15% da calificación total.

O aluno/a que teña pendente o traballo práctico da materia,
poderá recuperalo unicamente na convocatoria de xuño.

Ademáis, o aluno/a deberá superar o exame final da
materia, cunha parte teórica (70% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios,
30% da nota).

Previamente ao exame final farase unha proba de seguemento,
cara á metade do curso, que será liberatoria, da materia incluida nela,
para o exame final. Esta proba terá unha parte teórica (70% da
nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios, 30% da nota)

Convocatorias oficiais

O aluno/a terá que presentarse a un exame final, cunha
parte teórica (70% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios, 30% da nota).

O aluno/a que teña superadas as prácticas e o traballo, e que teña superada a proba de seguemento intermedia, fará unha proba reducida
correspondente á materia restante, cunha parte teórica (70% da nota) e outra práctica (exercicios, 30% da nota).

O aluno/a que teña superadas as prácticas e o traballo, e non teña superada a proba de seguemento intermedia, fará unha proba reducida correspondente a
todo o contido da materia, cunha parte teórica (70% da nota) e outra
práctica (exercicios, 30% da nota). 

O aluno/a que non supere as prácticas e/ou non presente o traballo
da materia, fará unha proba con valor do 100% da nota (70% para a parte teórica e 30% para a parte práctica), con independencia de que teña
superada ou non a proba de seguemento intermedia no seu momento.

Aclaracións

A calificación final calcularase a partires das notas das distintas
probas, tendo en conta a ponderación destas:

·        Probas: 85% da calificación final.

·        Traballo práctico:
15% da calificación final.

Dentro de cada proba:

·        Parte teórica:
70%

·        Parte práctica
(exercicios): 30%

De calquer xeito, para superar a materia é condición necesaria
superar tódalas partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota
mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a
5). Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se acade o valor mínimo de 4, a calificación final será de
suspenso.

A xeito de exemplo, un aluno/a que obteña as seguintes
calificacións: 8 e 3, estaría suspenso, aínda que a nota media da un valor
superior a 5, xa que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestes casos, a nota que se reflectirá na acta será "suspenso
(4,0)".

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de
introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a calificación global será de “suspenso (0,0)”.

Compromiso ético

Espérase que o aluno/a presente un comportamento ético
axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o aluno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico será de
“suspenso (0,0)”.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000