A materia aprobarase ó obter unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final, obtida da seguinte forma:
- pola asistencia con aproveitamento ás "Prácticas en aulas de informática/laboratorio", a elaboración de informes/memoria de práctica e resolución dos exercicios propostos (avaliación continua do 30%). - pola realización de "Probas de resposta longa, de desenvolvemento" nas datas previstas en xaneiro (primeira edición) e xuño (segunda edición) segundo estableza a escola (exame final do 70%).
Unicamente o alumnado que renuncie á avaliación continua nos prazos establecidos terá dereito a realización dunha proba de exercicios (equivalentes á avaliación continua do 30%) na mesma data do exame.
Pódese suplir a metade da cualificación das "Probas de resposta longa, de desenvolvemento" (exame final do 70%) por un traballo a definir entre o profesorado e o alumno, así como a súa exposición pública.
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación recollida no RD 1125/2003 de 5&*nbsp;de setembro, BOE de 18 de setembro.
* Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |