Guia docente 2019_20
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Vehículos Automóbiles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas Asistencia con aproveitamento ás prácticas e elaboración de informes das prácticas realizadas e realización das probas relativas á sesión práctica (laboratorio ou aula de informática) e actividades de traballo individual 30 A2
A3
C1
C14
C32
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita, teoría e problemas 70 A2
A3
C1
C14
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia aprobarase ó obter unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final, obtida da seguinte forma:


- pola asistencia con aproveitamento ás "Prácticas en aulas de informática/laboratorio", a elaboración de informes/memoria de práctica e resolución dos exercicios propostos (avaliación continua do 30%).
- pola realización de "Probas de resposta longa, de desenvolvemento" nas datas previstas en xaneiro (primeira edición) e xuño (segunda edición) segundo estableza a escola (exame final do 70%).

Unicamente o alumnado que renuncie á avaliación continua nos prazos establecidos terá dereito a realización dunha proba de exercicios (equivalentes á avaliación continua do 30%) na mesma data do exame.

Pódese suplir a metade da cualificación das "Probas de resposta longa, de desenvolvemento" (exame final do 70%) por un traballo a definir entre o profesorado e o alumno, así como a súa exposición pública.

Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación recollida no RD 1125/2003 de 5&*nbsp;de setembro, BOE de 18 de setembro.

* Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000