Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño de Sistemas Electrónicos Dixitais para Control Industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Na documentación entregada ao alumnado, ademais das especificacións de deseño e funcionamento do equipo electrónico, establécense 4 fitos de avaliación de tarefas. Para estas avaliacións, o alumnado deberá entregar unha memoria xustificativa da solución aplicada á tarefa avaliada. Cada unha destas avaliacións terá un peso do 10% na nota final da materia. Ademais, realízase unha avaliación da solución final cun peso do 30% na nota final da materia. Para a súa avaliación, o alumnado deberá demostrar o funcionamento do equipo segundo as especificacións recibidas e entregar unha memoria xustificativa da solución aplicada. A planificación temporal destas avaliacións publicarase ao comezo da actividade docente da materia. Para aprobar está parte é necesario obter un 50% da nota máxima posible da suma das 5 probas de avaliación 70 A2
A5
C1
C7
C10
C18
C19
Resolución de problemas e/ou exercicios Con este tipo de probas avaliaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e estudo de casos. Realizarase unha única proba ao finalizar ditas sesións en data e horario establecido pola Dirección da Escola. Para aprobar está parte é necesario obter un 40% da nota máxima 30 A2
C18
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da
materia obterase como media ponderada da nota de resolución de problemas e/ou
exercicios (A) e da nota de aprendizaxe baseada en Proxectos (B). Para aprobar
a materia é necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima. Para poder facer a
media é necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima en cada parte.

Si non se alcanza
o limiar mínimo (40%) nalgunha das partes, a nota final da materia será de
suspenso e o valor numérico se calcula multiplicando por 0,59, a nota obtida
coa media ponderada (aclaración sobre o coeficiente: Este coeficiente obtense
de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre 8,2 (máxima nota da media aritmética
que se pode obter suspendendo a materia (nota de A->[3*0,4]=1,2; nota de B->7;
total=8,2)

Na segunda
convocatoria non será necesario presentarse ás partes aprobadas.

A avaliación do
alumando que teña que presentarse á segunda convocatoria do curso académico realizarase:

- Con exame
final: Proba con preguntas de resposta curta. Avaliaranse os conceptos teóricos
e estudo de casos.

- Presentación de
proxecto: Avaliarase o proxecto asignado, cos criterios descritos para a
primeira convocatoria.

A nota final obterase
cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota da primeira
convocatoria.

O alumnado de avaliación
non continua será cualificado por medio dun exame final de coñecementos teóricos
e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso e os criterios de avaliación
son os mesmos que en avaliación continua.

Compromiso ético:
Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, uso de aparellos electrónicos
non autorizados, e outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a nota global no presente curso
académico será de suspenso (0.0)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000