Guia docente 2017_18
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Sistemas Automáticos de Produción Integrados
   Contidos
Tema Subtema
1.- Enxeñaría de Sistemas. Introdución. Terminoloxía e definicións. Procesos de enxeñaría de sistemas no ciclo de vida do produto. Integración e concorrencia no ciclo de vida do produto.
2.- Implementación do proceso de enxeñaría de sistemas. Introdución. Modelos conceptuais formais como base para o desenvolvemento de sistemas industriais. Modelado de información industrial. Estándares de representación de información industrial.
3.- Sistemas automáticos de manutención industrial. Introdución. Problemática dos medios loxísticos na industria moderna. Medios de transporte de material. Medios de almacenamento de material. Zonas operativas. Compoñentes funcionais.
4.- Adquisición de datos en planta, comunicación e rexistro para implantación de servizos avanzados. Introdución. Procedementos para a adquisición de datos de produción, xestión, mantemento e calidade.
5.- Automatización e "Industria 4.0" Introdución. Integración, flexibilidade e servizos avanzados.
P1.- Análise funcional de sistemas de manutención industrial. Descrición e análise funcional dos principais compoñentes utilizados en sistemas de manutención existentes no Laboratorio ""Ricardo Marín" da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus).
P2.- Modelado e simulación de sistemas de almacenamento e transporte de material. Desenvolvemento dun modelo conceptual e detallado para sistemas de manutención existentes no Laboratorio "Ricardo Marín" da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus).
P3.- Adquisición de datos dun proceso industrial. Implantación dun sistema de adquisición de datos nun proceso industrial existente no Laboratorio "Ricardo Marín" da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus).
P4.- Automatización integrada e flexible. Desenvolvemento dun proxecto de automatización integrada e flexible sobre un dos sistemas industriais de manutención industrial do laboratorio "Ricardo Marín" da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000