Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame final dos contidos da materia, que poderá incluír problemas e exercicios cunha puntuación entre 0 e 10 puntos. |
80 |

C19

Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas
prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no
cuadrimestre, sendo a asistencia ás mesmas de carácter
obrigatorio. No caso de non superala, realizarase un exame de practicas
na segunda convocatoria.

A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie
oficialmente á Avaliación Continua, realizarase nun exame de prácticas
nas dúas convocatorias.

Poderanse esixir requisitos previos á realización de cada práctica
no laboratorio, de forma que limiten a máxima cualificación a obter..

Deberanse superar
ambas as probas (escrita e prácticas) para aprobar a materia,
obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. No
caso de non superar as dúas ou algunha das probas, poderase aplicar
un escalado ás notas parciais de forma que a nota total non supere
o 4.5.

No exame final poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superalo.

Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberase
examinar das probas (escrita e/ou prácticas) non superadas na
primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela.

Segundo a Normativa de Avaliación Continua, os alumnos suxeitos a Avaliación
Continua que se presenten a algunha actividade avaliable
recollida na Guía Docente da materia, serán considerados como
"presentados".

Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).