Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Enxeñaría de Control e Sistemas en Tempo Real
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en función do cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma, da preparación previa e do nivel de profesionalidade na actitude do alumnado.
Cada práctica pode ter unha ponderación distinta na nota total.
20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C7
C10
C13
C19
C28
D1
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final dos contidos da materia, que poderá incluír problemas e exercicios cunha puntuación entre 0 e 10 puntos. 80 A2
C1
C13
C19
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas
prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no
cuadrimestre, sendo a asistencia ás mesmas de carácter
obrigatorio. No caso de non superala, realizarase un exame de practicas
na segunda convocatoria.



A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie
oficialmente á Avaliación Continua, realizarase nun exame de prácticas
nas dúas convocatorias.


Poderanse esixir requisitos previos á realización de cada práctica
no laboratorio, de forma que limiten a máxima cualificación a obter..


 Deberanse superar
ambas as probas (escrita e prácticas) para aprobar a materia,
obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. No
caso de non superar as dúas ou algunha das probas, poderase aplicar
un escalado ás notas parciais de forma que a nota total non supere
o 4.5.


No exame final poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superalo.


Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberase
examinar das probas (escrita e/ou prácticas) non superadas na
primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela.


Segundo a Normativa de Avaliación Continua, os alumnos suxeitos a Avaliación
Continua que se presenten a algunha actividade avaliable
recollida na Guía Docente da materia, serán considerados como
"presentados".


Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no
presente curso académico será de suspenso (0.0).


Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000