Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Sistemas de Adquisición de Datos e Sensores Industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido durante as sesións prácticas. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas sesións traballaranse as competencias CB3, CB4, CB5, CE9, CE10, CE18, e CE19. 40 A3
A4
A5
C9
C10
C18
C19
Exame de preguntas obxectivas Se realizarán dúas probas (cada unha con un peso do 30%) despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas sesións traballaranse as competencias CB3, CB4, CB5, CE9, CE10, CE18, e CE19. 60 A3
A4
A5
C9
C10
C18
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

A
materia divídese en dous partes: teoría (60%) e práctica (40%).
As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só
para o curso académico no que se realizan.

1.a Teoría.

Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario
de teoría e será comunicada aos alumnos con suficiente
antelación. A segunda proba realizarase o mesmo día que o
exame final que se celebrará na data que estableza a
dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir,
que se un/unha estudante non pode participar o día en que estean
programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou de desenvolvemento de temario. A nota de cada proba
parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das
probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos parciais:

NFT = (PT1 +
PT2)/2

Para superar a
parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada
unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10 na
primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte o
mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b Práctica

Realizaranse 6 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2
alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a avaliación
continua de todas as prácticas.

Para a
valoración da parte práctica terase en conta o traballo de preparación
previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante
as sesións de prácticas. Cada práctica valorarase cunha
nota (NP) entre 0 e 10 puntos. Soamente se poderá faltar como máximoa unha práctica (salvo casos
debidamente xustificados según a norma aprobada polo Claustro da
Univesidade o 23 de abril de 2023). A nota final das prácticas (NFP) será a
media aritmética das notas das prácticas.

1.c Nota
final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%
(30% cada parte) e a nota de prácticas (NFP) do 40%. Neste caso a cualificación
final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

Para aprobar a
materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

No caso de non
superar algunha das partes de teoría (PT1 ou PT2), a nota final será o mínimo entre a cualificación obtida (NF) e 4,9 puntos: min( {NF, 4.9 } )

2. Avaliación global

O alumnado que
non opten pola avaliación continua poderá presentarse a un exame
final que constará dunha serie de actividades avaliables similares
ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas
datas establecidas pola
dirección da Escola para a realización do exame final, os
estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán
realizar unha proba teórica que poderá conter preguntas
relacionadas cos contidos desenvolvidos nas prácticas de laboratorio.

O exame
teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas
curtas e/ou de tipo test e/ou
de desenvolvemento de temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10
puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética
das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 +
PT2)/2

Os/as estudantes que non realizasen as prácticas da materia
terán unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos. Soamente se poderá faltar a unha práctica como máximo (salvo casos debidamente xustificados según a norma aprobada polo Calustro da Univesidade o 23 de abril de 2023).

Para
aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada unha das dúas probas de teoría. Neste
caso a cualificación final será a suma ponderada das notas
de cada parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

Para aprobar a
materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

No caso de non
superar algunha das partes de teoría (PT1 ou PT2), a nota final será o
mínimo entre a cualificación obtida (NF) e 4.9 puntos: min( {NF, 4.9 } )

3. Sobre a oportunidade extraordinaria e a convocatoria fin de carreira

Constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na
avaliación continua. Terá
o mesmo formato que a oportunidade extraordinaria e celebrarase na data que
estableza a dirección da Escola.

Aos
estudantes que se presenten a esta convocatoria conservaráselles
a nota que obtivesen na convocatoria ordinaria
(avaliación continua ou globañ) nas partes ás que non se presenten.
Ademais, os/as estudantes só poderán
presentarse a aquelas probas que non superasen na
convocatoria ordinaria.

O
cálculo da nota final da materia realizarase tal e como
se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que cada estudante presente un comportamento ético axeitado.
No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000