Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Sistemas de Adquisición de Datos e Sensores Industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas clases traballaranse as competencias CB3, CB4, CB5, CE9, CE10, CE18, e CE19. 40 A3
A4
A5
C9
C10
C18
C19
Probas de tipo test Probas que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas clases traballaranse as competencias CB3, CB4, CB5, CE9, CE10, CE18, e CE19. 60 A3
A4
A5
C9
C10
C18
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

A
materia divídese en dous partes: teoría (60%) e práctica (40%).
As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só
para o curso académico no que se realizan.

1.a Teoría.

Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario
de teoría e será comunicada aos alumnos con suficiente
antelación. A segunda proba realizarase o mesmo día que o
exame final que se celebrará na data que estableza a
dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir,
que se un estudante non pode asistir o día en que estean
programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.

Cada
proba parcial constase dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou de desenvolvemento de temario. A nota de cada proba
parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das
probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos parciais:

NFT = (PT1 +
PT2)/2

Para superar a
parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada
unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10 na
primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte o
mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b Práctica

Realizaranse
8 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2
alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a avaliación
continua de todas as prácticas. Cada unha das 8 prácticas avaliarase
unicamente o día da práctica.

Para a
valoración da parte práctica terase en conta o traballo de preparación
previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante
as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase cunha
nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás que se falte
será de 0. A nota final das prácticas (NFP) será a
media aritmética das notas das prácticas:

NFP =
Suma(NPi)/8; i= 1, 2, ..., 8.

1.c Nota
final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%
e a nota de prácticas (NFP) do 40%. Neste caso a cualificación
final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

No caso de non
superar algunha a parte de teoría
(NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos
en cada unha das probas parciais de teoría, a nota final será
a mínima das notas obtidas nas dúas probas parciais:

NF = min( {PT1;
PT2 } )

Para aprobar a
materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2. Exame
final

Os alumnos que
non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame
final que constará dunha serie de actividades avaliables similares
ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas
datas establecidas pola
dirección da Escola para a realización do exame final, os
estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán
realizar unha proba teórica que poderá conter preguntas
relacionadas cos contidos desenvolvidos nas prácticas de laboratorio..

O exame
teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas
curtas e/ou de tipo test e/ou
de desenvolvemento de temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10
puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética
das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 +
PT2)/2

Os
alumnos que non realizasen as prácticas da materia
terán unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos.

Para
aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada unha das dúas probas de teoría. Neste
caso a cualificación final será a suma ponderada das notas
de cada parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

No caso de non
superar algunha a parte de teoría
(NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos
en cada unha das probas parciais de teoría, a nota final será
a mínima das notas obtidas nas dúas probas parciais:

NF = min( {PT1;
PT2 } )

Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Sobre a
convocatoria de recuperación (xullo)

A
convocatoria extraordinaria de Xullo constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na
avaliación continua. Terá
o mesmo formato que o exame final e celebrarase na data que
estableza a dirección da Escola.

Aos
estudantes que se presenten a esta convocatoria conservaráselles
a nota que obtivesen na convocatoria ordinaria
(avaliación continua ou exame final) nas partes ás que non se presenten.
Ademais, nesta convocatoria os estudantes só poderán
presentarse a aquelas probas que non superasen na
convocatoria ordinaria.

O
cálculo da nota final da materia realizarase tal e como
se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado.
No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000