Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño de Sistemas Electrónicos Industriais
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Recoméndase ao estudiantado manter un perfil actualizado na plataforma Moovi (fotografía, correo electrónico). O estudiantado poderán consultar calquera dúbida relativa as actividades asignadas ao grupo de laboratorio / traballo ao que pertencen, ou a materia vista nas horas presenciais, nas horas de tutorías ou a través dos medios relacionados no apartado de "Atención ao alumno". O estudiantado deben cumprir inexcusablemente os prazos establecidos para as diferentes actividades. Nas diferentes probas aconséllase que se xustifiquen todos os resultados que consigan. Á hora de puntualas non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar a solución proposta. Recoméndase, na presentación dos diversos exercicios, non presentar faltas de ortografía e caracteres ou símbolos ilexibles, porque afectarán á puntuación final. Non se corrixirán os exames aos que lle falte algunha das follas que acompañan ao enunciado. Durante a realización da proba individualizada non se poderán utilizar apuntamentos, nin libros, e están prohibidos os teléfonos móbiles e todos os seus accesorios (reloxos intelixentes, auriculares, etc).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000