Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño Avanzado de Sistemas Electrónicos Industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O exame de preguntas obxectivas [NT] pode constar de preguntas tipo test, de preguntas curtas a desenvolver, de problemas numéricos. 34 A2
C1
C5
C11
C18
D1
Práctica de laboratorio As prácticas [NP] serán impartidas nos laboratorios do departamento, empregando a instrumentación e os equipos dispoñibles.
Tamén se empregarán ferramentas informáticas para o cálculo e análise.
27 A1
A2
C5
C18
D1
D9
Traballo O traballo [TP] proposto pode ser: participar na tradución dunha norma técnica; elaborar un informe sobre unha instalación ou un equipo; ou valorar o comportamento de equipos de acordo cunha norma no laborario. 34 A1
A2
C5
C11
C18
D3
D9
Observación sistemática Os profesores da materia observasen a actitude de cada un dos alumnos nas distintas tarefas, tanto nas clases de teoría como nas prácticas de laboratorio. [OS] 5 D1
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Sesións de laboratorio

Nestas sesións, a puntuación sera a mesma para quen estea
no mesmo posto, coa observación sistemática que teña cada persoa
individualmente.

Traballos en grupo

Nos traballos en grupo, a puntuación do traballo será a mesma para todos
os integrantes do grupo, coa observación sistemática que teña cada
persoa individualmente.

Convocatoria ordinaria por avaliación continua

A nota que pasará á acta [NAEC] será a suma ponderada das notas de prácticas, do traballo e do exame


NAEC = 0,27 * NP + 0,34 * NT + 0,34 * TP + 0,05 * OS

Convocatoria
ordinaria por avaliación global

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEG], en data a acordar dependendo da disponibilida
de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.

Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se
se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a
nota [NPEG] valerá 0.

A nota que pasará á acta [NAEG] será a media de ambos os exames. É dicir:

NAEG = ( NTEG + NPEG ) / 2

Convocatoria extraordinaria por avaliación continua

Nesta convocatoria conservarase a nota de prácticas e do traballo da convocatoria
ordinaria , e será necesario facer o exame de preguntas obxectivas [NTE].

A nota que pasará á acta [NAEEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e do exame.

NAEEC = 0,27 * NP + 0,34 * NTE + 0,34 * TP + 0,05 * OS

Convocatoria extraordinaria por avaliación global

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTEEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEEG], en data a acordar dependendo da disponibilida
de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.

Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos.
Se
se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a
nota [NPEEG] valerá 0.
A nota que pasará á acta [NAEEG] será a media de ambos os exames. É dicir:

NAEEG = ( NTEEG + NPEEG ) / 2

Convocatoria fin de carreira

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTFDC], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPFDC], en data a acordar dependendo da disponibilida
de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.

Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos.

Se
se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a
nota [NPFDC] valerá 0.

A nota que pasará á acta [NAFDC] será a media de ambos os exames. É dicir:

NAFDC = ( NTFDC + NPFDC ) / 2

Compromiso ético

Espérase que quen curse a materia presente un comportamento ético
correcto. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico
será de suspenso (0.0) e notificarase á dirección do centro para os
efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000