Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño de Máquinas Hidráulicas e Oleoneumática Industrial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
As clases maxistrais presenciais serán substituídas polas equivalentes sesións nas aulas virtuais da UVigo ou plataforma equivalente. O horario lectivo non presencial será o mesmo que no caso presencial, salvo cambios puntuais e de mutuo acordo co estudantado, por cuenstións de conciliación familiar.

As clases prácticas e seminarios serán substituídas polas equivalentes sesións en aula virtual. O horario lectivo non presencial será o mesmo que no caso presencial, salvo cambios puntuais e de mutuo acordo co estudantado, por cuestións de conciliación familiar.

As titorías manteñense no mesmo horario que no caso de curso presencial e serán realizadas no despacho virtual do profesor ou medios telemáticos equivalentes (teleconferencia, correo electrónico, etc.).

Os contidos das clases prácticas, serán adaptados para facilitar que cada alumno poida desenrolar o traballo autónomo en equipos informáticos de gama estándard.
As novas actividades estarán enfocadas ao desenrolo de algorítmos de cálculo e aplicación de coñecementos a situacións e solucións concretas, e de adquisición de habilidades básicas e formas de proceder, relacionadas coa materia obxecto de estudo. As tarefas avaliatorias correspondentes realizaránse de forma autónoma na casa mediante as licenzas de estudante do software dispoñíbel na escola ou ben software libre.

Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
Mastering VBA for Microsoft Office 365 - Autor: Richard Mansfield; 944 páginas, Editor: John Wiley & Sons Inc; Edición: 2019; ISBN-10: 1119579333; ISBN-13: 978-1119579335)
Introducción a la programación en Matlab: para ingenieros civiles y mecánicos – Autor: Luis E. Suarez; 168 páginas; Publisher: CreateSpace Independent Publishing Platform; 1 edition; ISBN-10: 1490482393; ISBN-13: 978-1490482392)

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Os exames de preguntas pendentes realizaránse na plataforma de educación a distancia da UVigo (Moodle ou similar)

Os posibles cuestionarios asociados as prácticas pendentes realizaránse na plataforma de educación a distancia da UVigo (Moodle ou similar)

Os traballos autónomos e memorias asociados as prácticas non son obxecto de adaptación, pois xa consistían en traballos a realizar fóra da aula.

Os pesos das diferentes partes: 40% exames / 60% memorias de prácticas, cuestionarios e traballos autónomos non se modifica en función da tipoloxía da docencia nin da convocatoria (primeira ou segunda oportunidade)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000