Pautas para o avance
e a recuperación: No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira
convocatoria, dispón dunha segunda convocatoria no presente curso
académico. A cualificación final correspondente a esta segunda convocatoria obterase
como resultado de sumar as seguintes notas: 1.- A nota obtida nas probas de autoavaliación na
primeira convocatoria, cun peso do 20% da cualificación final. 2.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na
primeira convocatoria, cun peso do 20% da cualificación final. 3.- A nota obtida na avaliación da proba final realizada nesta
convocatoria coa mesma contextualización que na primeira convocatoria. O
peso desta nota é do 60% da cualificación final. Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter
unha puntuación final igual ou superior a 5 puntos. Unha vez finalizado o presente curso académico a nota obtida na
proba final perde a súa validez. A nota obtida nas probas de autoavaliación
e na avaliación de prácticas manterase agás que o alumno desexe
facelas novamente. Avaliación
estudantes con renuncia a avaliación continua.
Os estudantes aos que lles foi concedida a
renuncia á avaliación continua terán que realizar un exame teórico (na
data fixada pola dirección do centro) e un exame práctico en laboratorio
(na data que se propoña en función da dispoñibilidade do laboratorio),
sobre unha puntuación máxima de 10 puntos cada un. A nota final será a media
de ambas as e para superar a materia o estudante terá que obter, polo menos,
unha nota media superior a 5 puntos. Compromiso ético. Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0). |