Educational guide 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Deseño de Sistemas Electrónicos Industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de autoavaliación Esta parte apoia a aprendizaxe e proporciona realimentación ao alumno. Está pensada para que o alumno valore de forma obxectiva o nivel de aprendizaxe alcanzada.
Consistirá na realización individual de probas relativas a un bloque temático, que se realizarán por medios telemáticos e que a súa corrección será automática e inmediata. O prazo de realización e o número de intentos serán limitados. As probas consistirán en preguntas tipo test, preguntas de resposta pechada e problemas de análises con resposta numérica.
20 C1
D1
D9
Informes/memorias de prácticas As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Unha asistencia mínima da 80%
- Puntualidade.
- Preparación previa do prácticas
- Aproveitamento da sesión
As sesións prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos. Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación.
Os alumnos encherán un conxunto de follas de resultados, que entregarán á finalización da mesma. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento das mesmas.
20 C18
D1
Outras Proba individualizada:

Consistirá nunha proba escrita de carácter individual e presencial que se realizará ao finalizar o cuadrimestre, nos horarios establecidos pola dirección do centro.
A proba poderá consistir nunha combinación dos seguintes tipos de exercicios:
- Cuestiones tipo test
- Cuestiones de resposta curta
- Problemas de análises
- Resolución de casos prácticos
60 C1
C5
C18
D1
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas para o avance
e a recuperación:

No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira
convocatoria, dispón dunha segunda convocatoria no presente curso
académico. A cualificación final correspondente a esta segunda convocatoria obterase
como resultado de sumar as seguintes notas:

1.- A nota obtida nas probas de autoavaliación na
primeira convocatoria, cun peso do 20% da cualificación final.

2.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na
primeira convocatoria, cun peso do 20% da cualificación final.

3.- A nota obtida na avaliación da proba final realizada nesta
convocatoria coa mesma contextualización que na primeira convocatoria. O
peso desta nota é do 60% da cualificación final.

Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter
unha puntuación final igual ou superior a 5 puntos.

Unha vez finalizado o presente curso académico a nota obtida na
proba final perde a súa validez. A nota obtida nas probas de autoavaliación
e na avaliación de prácticas manterase agás que o alumno desexe
facelas novamente.

Avaliación
estudantes con renuncia a avaliación continua.



Os estudantes aos que lles foi concedida a
renuncia á avaliación continua terán que realizar un exame teórico (na
data fixada pola dirección do centro) e un exame práctico en laboratorio
(na data que se propoña en función da dispoñibilidade do laboratorio),
sobre unha puntuación máxima de 10 puntos cada un. A nota final será a media
de ambas as e para superar a materia o estudante terá que obter, polo menos,
unha nota media superior a 5 puntos.

Compromiso ético.

Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000