Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Elasticidade e Resistencia de Materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo previo As entregas destes Estudos/actividades previos
determinarán o valor do coeficiente K indicado no
apartado da guía docente "Outros comentarios e segunda
convocatoria".
Considerarase entregada unha actividade previa cando se
responda completamente a todas as cuestións formuladas.
0 CE30
Prácticas de laboratorio Valorarase a participación activa en todas as clases e, cando proceda, a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización. Puntuarase de 0 a 10. Para que se sume á nota obtida no exame será necesario ter obtido neste unha puntuación de 4.5 sobre 10.
A cualificación das prácticas verase afectada polo coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.
A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª
oportunidade da convocatoria do curso.
10 CB1
CB2
CE7
CE30
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba para a avaliación das competencias adquiridas na materia, consistente na resolución por parte do alumno de problemas e/ou cuestións teóricas breves.


A duración da proba, así como o peso de cada cuestión, daranse a coñecer no momento de realización desta.
80 CB1
CB2
CE7
CE30
Práctica de laboratorio Plantexarase unha ou dúas probas de seguemento consistentes en exercicios curtos e/ou tests conceptuais ao longo do curso nas horas de aula. A súa valoración será de 0 a 10 puntos.


Para que a cualificación obtida nesta proba se sume á alcanzada no exame, será necesario ter obtido neste unha puntuación mínima de 4/10.

A cualificación da proba verase afectada polo coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.

A cualificación obtida será a mesma na 1ª e en 2ª
oportunidade da convocatoria do curso.
10 CE30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será preciso obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

O alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia.

Durante o curso 2019/2020 gardarase a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio no curso 2018/2019 (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso.

Así mesmo, durante o curso 2019/2020 gardarase a cualificación obtida na proba de seguemento no curso 2018/2019 (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso.

Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua

A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos do apartado "Metodoloxías" da guía docente) determinará a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do seguinte modo:

Cualificación das prácticas de laboratorio = K. (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)

Cualificación da proba de seguemento = K. Puntuación obtida na proba de seguemento

Onde K = (n.º de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)

A falta de entrega de informes de prácticas, por causa xustificada ou non, non supoñerá a repetición da práctica nunha data distinta.

A falta de asistencia a unha proba de seguimento, por causa xustificada ou non, non supoñerá a realización da proba en data diferente.

A data e os lugares de realización dos exames de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos.

Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000