Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Elasticidade e Resistencia de Materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo previo As entregas destes Estudos/actividades previos realizarase a través da plataforma de teledocencia.

Considerarase entregada unha actividade previa cando se responda completamente a todas as cuestións expostas.

Indicarase en cada caso a maneira de levalo a cabo (de maneira individual ou en grupo) e de presentalo (forma oral ou escrita).

Será necesario entregar, como mínimo, o 50% das actividades solicitadas.

A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª oportunidade da convocatoria do curso.
10 C30
Prácticas de laboratorio Valorarase a participación activa en todas as clases e, cando cumpra, a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización. Puntuarase de 0 a 10.

A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª oportunidade da convocatoria do curso.
10 A1
A2
C7
C30
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para a avaliación das competencias adquiridas na materia, consistente na resolución por parte do alumno de problemas e/ou cuestións teóricas breves. O peso de cada unha destas probas será do 40% ou inferior.

A última proba da 1ª oportunidade realizarase na data oficial de exame fixada polo centro. As demais terán lugar no horario da materia.

Na primeira oportunidade, a nota media mínima esixida para estas probas será de 4.5/10 e a nota mínima de cada proba de 4/10.

Na segunda oportunidade realizarase unha única proba cun peso do 80%. A nota mínima esixida neste caso será de 4.5/10.

A duración da proba, así como o peso de cada cuestión, daranse a coñecer no momento de realización da mesma.
80 A1
A2
C7
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10. O alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia.

Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua

A falta de entrega de informes de prácticas, por causa xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data distinta.

A data e os lugares de realización dos exames de todas as convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos públicos.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000