Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
 Materias
  Máquinas de Fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Medicións en bombas e turbinas de auga, e sistemas de máquinas de desprazamento positivo. Emprego de aire comprimido para estudo de máquinas. 20 A1
A2
C7
C16
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver / cuestiones tipo test
20 A1
A2
C7
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Medicións en bombas e turbinas de auga, e sistemas de máquinas de desprazamento positivo. Emprego de aire comprimido para estudo de máquinas. 20 A1
A2
C7
C16
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita que poderá constar de:
cuestións teóricas
cuestións prácticas
resolución de exercicios/problemas
tema a desenvolver / cuestiones tipo test
20 A1
A2
C7
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita que poderá constar de:
resolución de exercicios
problemas
resolucións de máquinas
deseño de máquinas
20 A1
A2
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua para todos o alumnado, agás os que renunciasen oficialmente a ela en prazo e forma, en cuxo caso terán a posibilidade de realizar un exame final, cunha ponderación do 100 % da nota.

Se o alumnado participa nalgunha das probas de cualificación dentro da avaliación continua, considerarase como presentado á materia. A avaliación continua considérase ata xullo, polo que as cualificacións acadadas en todas as actividades realizadas con anterioridade, se manteñen ata a convocatoria de xullo, non se gardará dun curso escolar para outro.

A avaliación constará de 5 probas, cun peso do 20% cada unha.Para superar a materia será necesario acadar un mínimo (2 sobre 10), en todas e cada unha das probas realizadas, e acadar un 5 sobre 10 na nota total.

Espérase que o alumno mostre un comportamento ético adecuado. No caso de detectar comportamentos pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Segundo o tipo de comportamento pouco ético detectado, pódese concluír que o alumno non acadou as habilidades necesarias.

Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir na aula de exames un dispositivo electrónico non autorizado terá a consideración de motivo de non superación da materia neste curso académico e quedará suspendida a nota global (0,0).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000