Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Coñecemento das tecnoloxías, os compoñentes e os materiais nos procesos de deseño e fabricación
  B2 Capacidade para o desenvolvemento e innovación de procesos de deseño e fabricación, nun contexto sustentábel
  B3 Capacidade para desempeñar funcións relacionadas cos procesos de deseño e fabricación nun entorno empresarial
  B4 Capacidade de análise e síntese e de resolver problemas e tomar decisións con iniciativa, de xeito creativo e con razoamento crítico, a partir de información que pode ser incompleta ou limitada
  B5 Destreza na aplicación de ferramentas informáticas no ámbito da enxeñaría
  B6 Capacidade de analizar e avaliar o impacto social, ético e medioambiental das solucións técnicas
  B7 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia e transmitir conceptos, especificacións e funcionalidades no eido da enxeñaría, tanto de maneira oral coma escrita
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecemento dos métodos de deseño e modelado avanzado de produtos e proceso.
  C2 Capacidade para o deseño, desenvolvemento e cálculo avanzado de produtos e procesos
  C3 Habilidade para a redacción e interpretación de documentación técnica
  C4 Capacidade de xestión e análise de proxectos no ámbito do deseño e a fabricación
  C5 Capacidade para xestionar procesos e produtos a través da súa industrialización adecuada
  C6 Coñecemento dos métodos de análise e xestión de vida do produto e as súas implicacións sobre os procesos de deseño e fabricación
  C7 Destreza no manexo de ferramentas de software aplicables a procesos de deseño e fabricación de produtos
  C8 Coñecemento da selección de materiais, ferramentas e equipos para procesos de fabricación
  C9 Habilidade para utilizar técnicas de simulación como axuda á toma de decisión nos procesos de deseño e fabricación
  C10 Capacidade para deseñar e desenvolver moldes, matrices e cuños
  C11 Coñecemento e capacidade para utilizar sistemas de medición e control en procesos de fabricación
  C12 Coñecemento e capacidade para avaliar e executar procesos de prototipado e fabricación con materiais compostos
  C13 Coñecemento de técnicas e capacidade para o modelado de sistemas, células e liñas de fabricación
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade para Planificar, organizar e desenvolver estratexias nos procesos de deseño e fabricación.
  D2 Capacidade para integrarse e dirixir equipos de proxectos multidisciplinares
  D3 Habilidade para a Toma de Decisións
  D4 Capacidade de comunicación e negociación en situacións diversas e ante persoas expertas e non expertas.
  D5 Destreza para expresarse e facer presentacións en lingua inglesa
  D6 Capacidade de aprendizaxe continuado, tanto dirixido como autónomo
  D7 Capacidade de creatividade e innovación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000