Compromiso ético: Espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non
autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non
ético detectado, poderíase concluír que o alumno
non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase
do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración
co sistema docente, profesorado, coordinación e
persoal de administración e servizos do máster. Calquera
cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudantado poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia. Existe un
protocolo, aprobado pola Comisión Académica do máster, para establecer o
procedemento de selección e asignación de prácticas externas en empresas. Ademais deste
protocolo, que se atopa publicado no sitio da materia na
plataforma de docencia Faitic, descríbese o procedemento para a realización
dos trámites documentais para a realización das prácticas, e lémbrase que: O
alumno deberá seguir o procedemento descrito na plataforma Faitic. En caso
de non cumprir co disposto no devandito procedemento, en contido e forma,
ben sexa na súa fase inicial, durante ou na finalización das mesmas, avaliarase
como non presentado na materia. |