Compromiso ético: Espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento
non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados,
por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios
para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético
detectado, poderíase concluír que o alumno
non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase
do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración
co sistema docente, profesorado, coordinación e
persoal de administración e servizos do máster. Calquera
cuestión debida á falta de comportamento ético e digno dos estudante poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia. Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento xeral para valorar o
proceso e os resultados: En cada materia o
profesor responsable asignará unha nota a cada estudante en función da
súa actitude e participación. Para esta materia, en concreto, no
compoñente autoevaluativo e de probas prácticas reais e/ou simuladas poderá ser considerada a presencialidade e para
iso teranse en conta as follas de firmas
dos estudantes nas sesións presenciais. Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, unha rúbrica de avaliación
para aclarar como se poden agrupar e diseminar estas porcentaxes
para completar o despregamento da repartición do sistema
proposto na memoria do máster ás guías docentes de cada materia. |