Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo
de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou
as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración
co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de administración
e servizos do máster. Calquera cuestión debida á falta de comportamento
ético e digno dos estudantes poderá ter repercusión sobre a
avaliación da materia. Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento xeral para valorar o
proceso e os resultados: En cada materia o
profesor responsable asignará unha nota a cada estudante en función da
súa actitude e participación. Para esta materia, en concreto, no
compoñente de execución de probas prácticas e no de informes, poderá ser considerada a presencialidade e para
iso teranse en conta as follas de firmas
dos estudantes nas sesións presenciais. Publicarase
, en todo caso e en cada curso académico, unha rúbrica de avaliación
para aclarar como se poden agrupar e diseminar estas porcentaxes
para completar o despregamento da repartición do sistema
proposto na memoria do máster ás guías docentes de cada materia. |