Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Materias
  Ferramentas CAE para Procesos de Fabricación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario con Preguntas tipo test de elección múltiple (resposta única) na que os fallos restan (a probabilidade de acertar).
Resultados de Aprendizaxe:
- Adquirir coñecementos e destrezas sobre as ferramentas de simulación que permitan a optimización do proceso de fabricación
- Alcanzar a experiencia adecuada para o deseño do ferramental propio dos procesos de conformado e de moldeo nos que se utilizan moldes, matrices e cuños.
33.4 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C3
C7
C8
C9
C10
D6
Informe de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflictan as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento dos datos. Habilitaranse exercicios na plataforma de teledocencia para tal fin.
Resultados d aprendizaxe:
- Alcanzar a experiencia adecuada para o deseño do ferramental propio dos procesos de conformado e de moldeo nos que se utilizan moldes, matrices e cuños.
33.3 A2
A3
A4
A5
B1
B5
C3
C7
C8
C9
C10
D6
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade presentada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Desenvolvidas ao longo de cada cuadrimestre como avaliación continua e poden incluír controis de asistencia e presencialidade que se poderán tomar como índices de realización das mesmas.
Resultados de Aprendizaxe:
Adquirir coñecementos e destrezas sobre as ferramentas de simulación que permitan a optimización do proceso de fabricación
33.3 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C7
C8
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de administración e servizos do máster. Calquera cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudante poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.
Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento xeral para valorar o proceso e os resultados: En cada materia o profesor responsable asignará unha nota a cada estudante en función da súa actitude e participación. Para esta materia, en concreto no compoñente de execución de probas prácticas e no de informes, poderá ser considerada a presencialidade e, para iso, teranse en conta as follas de firmas dos estudantes nas sesións presenciais. Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, o sistema de avaliación
para explicar como se poden agrupar e esparexer estas porcentaxes para completar o despregamento da repartición proposta na memoria, ás guías docentes de cada materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000