Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Materias
  Ferramentas CAD para Deseño Mecánico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Resultados de aprendizaxe:
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para o deseño de conxuntos
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para a correcta definición dimensional de produtos
33.4 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C3
C7
D6
Informe de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflictan as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento dos datos. Habilitaranse exercicios na plataforma de teledocencia para tal fin.
Resultados de aprendizaxe:
O alumno adquire as competencias necesarias para realizar deseños en 3D.
33.3 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C3
C7
D6
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade presentada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Desenvolvidas ao longo de cada cuadrimestre como avaliación continua e poden incluír controis de asistencia e presencialidad que se poderán tomar como índices de realización das mesmas.
Resultados de Aprendizaxe:
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para o deseño de conxuntos
- O alumno adquire os coñecementos necesarios para a correcta definición dimensional de produtos.
33.3 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C1
C2
C3
C7
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non atinxe as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de administración e servizos do máster. Calquer cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudante poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.
Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento xeral para valorar o proceso e os resultados: En cada materia o profesor responsable asignará unha nota a cada estudante en función da súa actitude e participación. Para esta materia, en concreto no compoñente de execución de probas prácticas e no de informes, poderá ser considerada a presencialidade a través das follas de firmas dos estudantes nas sesións presenciais. Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, o sistema de avaliación para explicar como se poden agrupar e espallar estas porcentaxes, e completar, deste xeito, o despregamento da repartición proposta na memoria
do máster, ás guías docentes de cada materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000