Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Máster Universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica
 Materias
  Xestión de Recursos Humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas desenvolvidas en calquera dos formatos de cuestionario da plataforma faitic, con prioridade para os de múltiple elección e resposta única onde os fallos restan (a probabilidade de acertar).
Resultados de Aprendizaxe:
- Adquirir habilidades no campo da organización de equipos de traballo para mellorar a eficiencia das organizacións
34 A2
A3
A4
B3
B7
C5
D1
D2
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento O estudante debe responder ou desenvolver por escrito ou oralmente contidos ou temas prácticos expostos.
Resultados de Aprendizaxe:
Adquirir habilidades no campo da motivación de equipos de traballo para participar en grupos de resolución de problemas
33 A1
A3
A4
B3
B7
C4
D2
D4
Observación sistemática Conxunto de técnicas e ferramentas para reunir información do estudante, tratando de recoller aspectos do recurso humano a partir da análise de aspectos tales como asistencia, participación, dinamismo, adaptación, colaboración, proactividade, etc.
Resultados de Aprendizaxe:
Adquirir habilidades no campo da motivación de equipos de traballo para participar en grupos de resolución de problemas
33 A1
A3
A4
B3
B7
C4
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de administración e servizos do máster. Calquera cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudante poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.

Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento xeral para valorar o proceso e os resultados: En cada materia o profesor responsable asignará unha nota a cada estudante en función da súa actitude e participación. Para esta materia esta nota correspóndese fundamentalmente coa avaliación mediante observación sistemática e a de probas de resposta longa de desenvolvemento. Para iso, poderá ser considerada a presencialidade e teranse en conta os partes de asistencia coas firmas dos estudantes. Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, o sistema de avaliación para explicar como se poden agrupar i esparexer cadanseus porcentaxes, para completar o desencartado da repartición do proposto na memoria do máster, ás guías docentes das materias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000