Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
O estudante debe responder ou desenvolver por escrito ou oralmente contidos ou temas prácticos expostos.
Resultados de Aprendizaxe:
Adquirir habilidades no campo da motivación de equipos de traballo para participar en grupos de resolución de problemas
|
33 |
A1 A3 A4
|
B3 B7
|
C4
|
D2 D4
|
Observación sistemática |
Conxunto de técnicas e ferramentas para reunir información do estudante, tratando de recoller aspectos do recurso humano a partir da análise de aspectos tales como asistencia, participación, dinamismo, adaptación, colaboración, proactividade, etc.
Resultados de Aprendizaxe:
Adquirir habilidades no campo da motivación de equipos de traballo para participar en grupos de resolución de problemas |
33 |
A1 A3 A4
|
B3 B7
|
C4
|
D2 D4
|
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo
de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou
as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración
co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de administración
e servizos do máster. Calquera cuestión debida á falta de comportamento
ético e digno do estudante poderá ter repercusión sobre a
avaliación da materia. Tal e como se establece na memoria do título dentro do procedemento
xeral para valorar o proceso e os resultados: En cada materia o profesor
responsable asignará unha nota a cada estudante en función da súa actitude e
participación. Para esta materia esta nota correspóndese fundamentalmente coa avaliación mediante observación sistemática e a de probas de resposta longa de desenvolvemento. Para iso poderá ser considerada a presencialidade e teranse en conta os partes de asistencia coas firmas dos estudantes. Publicarase, en todo caso e en cada curso académico, unha rúbrica de avaliación
para aclarar como se poden agrupar i espallar estas porcentaxes
para completar o despregamento da repartición do sistema
proposto na memoria do máster ás guías docentes de cada materia. |