Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría da Construción
 Materias
  Xeotecnia Aplicada, Cimentacións e Estruturas de Contención
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B3 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
B4 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, peritacións, estudos, informes e outros traballos análogos
C1 Coñecemento e manexo da normativa xeral e específica de aplicación ao sector da construción
C2 Dominio dos métodos de elaboración de informes e outros documentos técnicos específicos
C5 Coñecemento e aplicación das técnicas e aspectos legais para o deseño de construcións
D1 Desenvolvemento de competencias intelectuais, organizativas e comunicativas axeitadas ao traballo académico e profesional
D4 Aprendizaxe autónoma e auto dirixida
D13 Capacidade de busca, consulta e interpretación da normativa
D14 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica para comunicarse con persoas non expertas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000