Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Mecatrónica
 Materias
  Aplicación dos Microcontroladores e Dispositivos Lóxicos Programables en Mecatrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son un elemento fundamental nesta materia. Teñen un peso do 70% na nota final da materia. As prácticas ligadas a un proxecto. A avaliación faise tendo en conta o funcionamento do proxecto e os entregables que recollen o traballo realizado e os resultados acadados. Cada proxecto divídese en 6 ou 7 tarefas avaliables O peso de cada tarefa e o mesmo na nota total de prácticas. A nota total de prácticas calcúlase coa media aritmética das notas das tarefas. Para aprobar as prácticas e necesario obter como mínimo o 50% da nota máxima posible 70 B2
B3
B5
B11
C6
C8
Exame de preguntas obxectivas Con este tipo de proba avalíanse os resultados da aprendizaxe correspondente os contidos teóricos das leccións maxistrais. Realízase unha única proba deste tipo no horario da materia, nas datas establecidas o inicio do curso.
Para aprobar e necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima posible.
30 B2
B3
C6
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
nota final da materia obtense coa media ponderada da nota do exame de teoría e a
nota de prácticas. Para aprobar a materia es necesario obter un mínimo do 50% da
nota máxima. Para poder facer a media e necesario obter un mínimo do 40% da
nota máxima en cada parte. Se non se alcanza limiar mínimo (40%) nalgunha das
partes, a nota final da materia e de suspenso e o valor numérico calculárase
multiplicando por 0,60 a nota obtida coa media ponderada

(aclaración
sobre o coeficiente: Este coeficiente obtense de dividir 4,99 (máxima nota do
suspenso) entre 8,19 (máxima nota da media aritmética que se pode obter suspendendo
a materia (teoría=1,19 + Prácticas=7))

En
la segunda convocatoria no será necesario presentarse a las partes aprobadas.

Na
segunda convocatoria non será necesario presentarse as partes aprobadas.

A
avaliación dos alumnos que teñan que presentarse a segunda convocatoria do
curso académico realizarase:

-
Con exame final: Proba de resposta obxectiva. Avalíanse os contidos teóricos da
materia.

-
Presentación de funcionamento e resultados de tarefas do proxecto: O alumnado
debe presentar en funcionamento aquelas tarefas do proxecto nas que queira ser avaliado
y entregar o documento cos resultados.

A
nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota
da primeira convocatoria.

O
alumnado de avaliación non continua será avaliado por medio dun exame final de
coñecementos teóricos e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso
e os criterios de avaliación son os mesmos que na avaliación continua.

Compromiso
ético: Esperase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o alumno
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
avaliación global no presente curso académico será de suspenso (0.0)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000