Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Mecatrónica
 Materias
  Aplicación dos Microcontroladores e Dispositivos Lóxicos Programables en Mecatrónica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos aspectos relevantes dos contidos de Teoría. Para unha mellor comprensión destes contidos e unha participación activa na Sesión, o alumnado deberá realizar un traballo persoal previo sobre a bibliografía proposta. Desta forma, o alumnado estará en disposición de realizar preguntas, de pedir aclaracións ou de expor dúbidas, que poderán ser resoltas na Sesión ou en titorías personalizadas. Para unha mellor comprensión de determinados contidos, exporanse exemplos prácticos planificados para incrementar a participación do alumnado. O alumnado deberá realizar traballo persoal posterior para a asimilar os conceptos e adquirir as competencias correspondentes a cada Sesión. Desenvolveranse nos horarios e aulas sinaladas pola Dirección do Centro. Levarase un control de asistencia
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos. Están destinadas a que o alumnado adquira habilidades e destrezas relacionadas co deseño, simulación, depuración e proba de circuítos electrónicos dixitais baseados en microcontroladores ou en FPGAs. Nestas sesións o alumnado usará instrumentación electrónica para a análise do comportamento dos circuítos electrónicos dixitais, ferramentas de deseño, simulación e depuración de circuítos electrónicos dixitais baseados en dispositivos reconfigurables (FPGAs), e ferramentas de programación, simulación e depuración de circuítos electrónicos dixitais baseados en microcontroladores.
As prácticas organízanse ligadas a un proxecto. El alumnado debe deseñar, montar e probar un circuíto electrónico para o control dunha maqueta dun proceso industrial. Para acadar este obxectivo, establécense tarefas que se desenvolven nas sesións de prácticas de laboratorio. Para cada sesión, existe un enunciado no que se indica o traballo que o alumnado debe realizar e establécese o contido do documento (entregable) de resultados alcanzados.
A complexidade e exixencia do proxecto adaptase o perfil académico e profesional del alumnado.
Para realizar as prácticas o alumnado traballa en grupos de dúas ou tres persoas.
As prácticas desenvólvense no laboratorio de Electrónica Dixital do Departamento de Tecnoloxía Electrónica, nos horarios sinalados pola dirección do centro. O alumnado organizarase en grupos, e levarase un control de asistencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000