Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Mecatrónica
 Materias
  Comunicacións Industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame escrito 50 B1
B2
B5
B6
B7
C2
C4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Comprobación de realización e comprensión das prácticas. Eventualmente valorarase a asistencia a seminarios, dependendo da súa natureza.
50 B10
B12
C2
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación mediante exame escrito suporá o 50% da cualificación global. Farase constar especificamente a cualificación correspondente á correcta resolución de cada unha das cuestións que a compoñan. A suma destas cualificacións será de 10 puntos.

A avaliación de probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas formará parte da cualificación global, e suporá o 50% da mesma. A súa avaliación poderá levar a cabo de forma continua, en forma de cuestións ao longo da impartición das prácticas.

A cualificación global calcularase como media ponderada das cualificacións obtidas en cada metodoloxía. Será preciso obter unha cualificación mínima (que se fará constar en cada proba de avaliación) en cada unha das partes e unha global igual ou superior a 5 puntos para superar a materia. Os criterios de valoración serán específicos en cada proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000