Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Mecatrónica
 Materias
  Aplicacións Avanzadas de Lubricación e Lubricantes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas tipo test a través da plataforma de teledocencia na que se avalían os conceptos adquiridos tras cada sesión docente. Avalíanse os conceptos teóricos e implica a resolución de problemas por parte do alumno de forma autónoma. Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia aprobarase se se obtén unha cualificación igual ou maior que 5 como nota final. Realizaranse probas de preguntas obxectivas  no horario lectivo aprobado pola Escola. Ningunha das probas poderá superar o tanto por cento máximo establecido legalmente. Poderanse establecer cualificacións mínimas en calquera das probas para acceder á ponderación xeral. Os contidos, as datas, as ponderacións e outros detalles específicos de cada proba publicaranse a través da plataforma de teledocencia cunha antelación mínima axeitada, nunca inferior a dúas semanas antes da súa realización.
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 do 5 de
setembro, BOE do 18 de setembro).
Avaliación global. Para o alumnado que renuncie expresamente á avaliación continua realizarase un único exame no que se
poderán avaliar todos os contidos da materia, puntuado sobre 10 puntos.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de dispositivos non autorizados, e outros) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000