Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Mecatrónica
 Materias
  Análise Plástica polo Método dos Elementos Finitos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

No caso de que a asistencia presencial do alumnado ás clases estea legalmente limitada total ou parcialmente, adoptaranse as seguintes medidas:
1 Garantir que o alumnado matriculado teña disposición dos medios necesarios para o seguimento adecuado da docencia non presencial, que serán: computador persoal e acceso a internet. O alumnado que non dispoña dalgún deses medios deberá comunicalo ao coordinador da materia para solucionalo.
2 Emprégase a plataforma Faitic da materia para a comunicación ao alumnado das distintas medidas adoptadas.
3 Respecto a a presente guía docente, modifícase en caso de non presencialidade segundo:
A: Competencias: Non se modifican.
B: Resultados de aprendizaxe: Non se modifican.
C: Contidos: Non se modifican.
D: Planificación: Non se modifica.
E: Metodoloxías: Modifícanse segundo:
Lección maxistral e resolución de problemas: impartirase empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros)
Prácticas de laboratorio: Darase acceso ao alumnado a software de simulación FEM para que poida realizar as prácticas desde fóra do laboratorio. Estas prácticas serán tuteladas empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros)
F: Atención personalizada: As sesións de tutorización poderán realizarse por medios telemáticos baixo a modalidade de concertación previa.
G: Avaliación: Non se modifican as metodoloxías/probas:
- pola asistencia telemática ás "Prácticas en aulas virtuais" e resolución dos exercicios propostos (40%) empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros).
- pola realización de "Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas" consistente na realización dunhas actividades finais de simulación segundo condicións dadas. (60%)
As normas concretas de cada proba publicaranse con antelación en Faitic. A asistencia ás prácticas será contabilizada en función da asistencia virtual do alumnado a cada práctica.
H: Bibliografía. Fontes de información: Aparte das referencias bibliográficas da presente guía, da documentación facilitada en Faitic con documentación adicional (apuntamentos, vídeos, referencias web,…) para que o alumnado sen asistencia presencial poida seguir adecuadamente a materia.
A presente guía poderá ser modificada atendendo a resolucións reitorais ao respecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000