Guia docente 2012_13
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Química
 Materias
  Enxeñaría Electroquímica e Corrosión
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Enxeñaría Electroquímica e Corrosión Código V04M037V01106
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría Química
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 1c
Lingua de impartición
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Novoa Rodriguez, Xose Ramon
Correo-e rnovoa@uvigo.es
Profesorado
Novoa Rodriguez, Xose Ramon
Vivier , Vincent
Web http://webs.uvigo.es/rnovoa/xrn.htm
Descrición xeral Dende os anos 20 e ó longo de mais de 50 anos a Enxeñaría Química desenvolveuse por e para a industria do petróleo e os seus derivados, empregando as enerxías térmica e/ou mecánica tanto nas operacións de separación (destilación, cromatografía, osmose, ...) coma na maior parte das reaccións químicas (controladas por temperatura e/ou presión). A enerxía eléctrica estivo ausente dos reactores químicos ó longo destes anos. A crise do petróleo do ano 73, a necesidade dun aproveitamento máis efectivo das materias primas e o incremento da conciencia ecolóxica fixeron, entre outros factores, que a Enxeñaría Electroquímica, ciencia filla da Enxeñaría Química, se desenvolvese ó longo das últimas tres décadas, e que a súa metodoloxía se estendese a un abanico cada vez más amplo de aplicacións, entre las que cabe destacar:
• Os procesos de síntese:
Electrólise (aluminio, cloro-sosa, ...)
Fornos de arco e de plasma (aceiros, ...)
Electrosíntese orgánica (polímeros condutores...)
• As operacións de separación:
Electroósmose, Electroforese, ...
•O tratamento de residuos:
Eliminación de metais pesados por redución.
Eliminación, por oxidación, de residuos orgánicos difíciles de tratar.
•A preparación e tratamento de superficies:
Pulido electroquímico, mecanizado electroquímico, ...
Protección contra da corrosión:
Deposición metálica (galvanizado, cromado, niquelado,...)
Protección catódica e protección anódica.
•Os sistemas de produción e almacenamento de enerxía:
Pilas de combustible, pilas secas, baterías.

O obxectivo desta materia é, polo tanto, dar una visión global desta ciencia e das súas tecnoloxías, que non son en absoluto alleas á sociedade galega, senón todo contrario. Así, na industria do automóbil (Vigo) emprégase a cataforese masivamente para protección contra da corrosión; na industria naval, os sistemas de protección catódica; na construción, a protección anódica (Padrón, anodizado do aluminio); na produción de metais, a electrólise (aluminio en San Cibrao, Lugo). Son algúns dos moitos exemplos que ilustran a implantación dos métodos da electroquímica industrial na nosa comunidade e, en consecuencia, mostran o seu interese social.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000