Guia docente 2023_24
Facultade de Química
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Materias
  Introdución á Nanociencia e a Nanotecnoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario - Participación activa nos seminarios, presentacións orais e traballos (50% da cualificación). Avaliarase a participación activa dos alumnos mediante a resolución de cuestións e problemas expostos en clase, a presentación de traballos e a intervención nos debates que poidan xurdir. Nas presentacións orais avaliarase a claridade expositiva e a capacidade para responder as preguntas que se expoñan. 50
Exame de preguntas obxectivas A avaliación consistirá para cada bloque en:
- Exame escrito sobre contidos básicos da materia (50% da cualificación). O exame da materia, que se realizará na data indicada na guía do curso correspondente, consistirá en preguntas de resposta curta e resolución de problemas. A puntuación máxima será de 5 puntos. Requírese unha cualificación mínima de 2 puntos nesta parte para que se computen as cualificacións dos outros dous ítems que se valoran.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada bloque avaliarase por separado, sendo necesaria unha cualificación
mínima de 4 en cada un dos bloques para que se faga a media entre os
bloques cursados.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000